O Centro de Día de Monforte está situado en pleno casco histórico do pobo e ten capacidade para atender a 20 persoas usuarias. O feito de estar situados en pleno casco histórico facilítanos a participación en actividades da comunidade e posibilita que as persoas usuarias que acoden ó centro, e sempe que o tempo o permite, poidan realizar os paseos polas rúas e prazas, o que os beneficia a nivel socio-relacional e promove que continuen integrados na vida do pobo .

Traballamos promovendo a autonomía e a toma de decisións e un dos momentos do día nos que se traballan estes aspectos é no xantar, que está plantexado como unha actividade terapéutica na que participa todo o equipo ( o xantar é compartido entre as persoas usuarias e os traballadores).

Esta actividade terapéutica permítenos acadar un maior coñecemento das persoas usuarias e tamén das axudas que poden precisar. É un dos momentos do día nos que se aproveita para manter unha conversa máis distendida, tratando de favorecer que todas as persoas usuarias que comen nunha mesma mesa participen na conversa.

O traballo na toma de decisións non é so no relativo ás AVBD senón que tamén nos centramos en potenciar a toma de decisións das persoas usuarias na proposta de actividades promovendo espazos nos que expresan suxerencias ou cuestións en canto a organización, coas que non están de acordo, e traballando que sexan elas as que decidan sobre actividades, saídas, cuestións organizativas…..

Equipa de traballo

- Alicia López López (PSX)

- Mar González Cidón (Xerocultora)

- Berta Álvarez González (Xerocultora)

- María Rodríguez Pérez (Xerocultora)

- Inés Estrada López (Xerocultora)

- Ana Súarez Novoa (xerocultora)

- Álvaro Pérez Fernández (Fisioterapeuta)

- Lucía Rodríguez López (Educadora Social)

- Susana Cajide Buján ( Psicóloga)

- Vanesa Sánchez Cordido ( Traballadora Social- Directora)